Gravado e saberes tradicionais


 
Serigrafía en tela

DIFUNDINDO SABERES DA CULTURA MURADANA



 Da técnica ao proxecto.

 Este proxecto xurde como resposta as peticións dos veciños, que durante a inauguración do Espazo A Maceta tiveron a ocasión de responder a pregunta: ¿Que che gustaría que sucedera no Espazo A Maceta?

 Entre as respostas: Un espazo onde conversar, un espazo onde contar historias e escoitar ao nosos maiores, un espazo para recuperar tradicións,...

 Neste obradoiro cultural do concello de Muros, convertido en proxecto, aunamos moitas das peticións dos veciños e aproveitamos unha técnica artística sinxela para que sirva de vehículo de transmisión do coñecemento que se vai recuperando.

 O linogravado é unha técnica moi sinxela que non precisa de moitas ferramentas ou de produtos tóxicos, que perfectamente se pode practicar na casa. Ademais, é unha técnica que che permite focalizarte, encontrar paz e tranquilidade nos teus pensamentos mentres gravas no linóleo.

 Todo empeza cunha idea, unha imaxe, un boceto do que queres gravar.Trasladamos ese debuxo a plancha de linóleo e empeza a acción.
Collemos a gubia e poñémonos a gravar, escarvar, tendo en conta que, é o que queda na superficie o que finalmente se vai a imprimir.
Unha vez rematemos, pasamos a poñer tinta na nosa plancha de linóleo. Colocamos o papel enriba do deseño e presionamos para que a tinta
pase ao papel ... e ... tarán! sorpréndenos o resultado.

 As láminas das artistas deste obradoiro non se fixeron tan rápido, cada unha delas ten un proceso previo de recadación de información, de paseos por Muros, de libros, de búsqueda na biblioteca da casa e nas alacenas da cociña, de conversas, de moitas conversas, e de compartir, de compartir os pequenos e grandes descubrimentos.

 Logo chegou o momento de compoñer as láminas, buscando a mellor organización dentro do gran espazo que ten cada lámina, e seleccionando a información máis relevante, a que se quere representar. E debuxar, debuxar moito! pouca información se encontrou fotografada, así que case todos os debuxos son orixinais das artistas!

 Peza a peza, gravando cada un dos deseños, facendo probas de impresión a pequena escala, ata que chega o día en que a primeira lámina está completa, e vemos os primeiros resultados finais.

 Momentos moi emocionantes, que grandes cousas se fixeron de cousas
tan pequenas, que marabillosas mulleres!


 O PASO A PASO


EQUIPO PROXECTO

Artistas:
- Ita
- Juana
- Lola
- Loli
- Lucía Senande
- Madó
- Mary Lestón
- Merce


Fotografía : Alba Figueroa      
Deseño Web: Mary Lestón www.espazomaceta.gal/Gravado-e-saberes- tradicionais
Dirección Creativa: Alba Fernández

Especial agradecemento ao Concello de Muros por incluír este obradoiro dentro da oferta de obradoiros culturais anual.

Difunde: Asociación A Maceta de Muros



  LÁMINAS






 GALERÍA