O redeiro - Ita, Juana e Lola

En cada porto pesqueiro atoparás persoas que se ocupan de reparar as redes.
A miúdo é un oficio desempeñado por mulleres pero en Muros é un oficio desempeñado por un home. Un profesional asalarido dos armadores de Muros, que non só repara as redes se non que as confecciona e monta segundo a arte desexada.
Impresiona ver a JAVIER manexar a agulla o novelo e a navalla para acadar unha peza singular. As mans xiran cunha precisión e rapidez impresionante, facendo os nós necesarios (cote; ballestrinque; llano; pescador...).
GALERÍA