Muros en linogravado- Ita

Intentar facer unha representación de Muros nunha lámina de linogravado non é algo doado, pero o conseguido superou todas as nosas expectativas.
Ita inspirouse para facer esta lámina no xurdir de Muros. Muros emerxeu do mar, e evolucionou a partir de él. O mar é a súa base e sustento, por este motivo o mar sostén a lámina.
Esta pequena vila mariñeira vivía case en exclusiva da pesca, por eso na representación toda a vila de Muros está enriba dunha embarcación típica muradana chamada canoa, aínda que igual de representativo poderían ser a buceta, xeiteira ou dorna.
No casco antiguo destacan as típicas casas mariñeiras con soportáis nos que en tempo atrás se arranxaban os aparellos de pesca e se poñía o peixe a salgar. Construídas con grandes sillares de pedra, estas casas contan tamén con amplias galerías porticadas na parte baixa e con balcóns corridos nas plantas superiores.
De Muros din que é un dos conxuntos medievais mellor conservados de toda Galicia. Por este motivo no grabado podemos observar o detalle das casas con grandes soportais de pedra, algunhas das igrexas máis representativas, un dos numerosos cruceiros que enchen o pobo outorgándolle carácter, a casa do concello, o mercado de abastos, e como representación dunha das prazas, a praza da pescadería, móstrase o máis senlleiro que é a antiga “fonte do lagarto”, na linografía devólveselle todo o explendor xa que se mostra como era nas súas orixes, un dragón alado.
A vella na popa vendo a estela do movemento do pobo chea de esperanza, ao igual que a embarcación, engalanada coas bandeiras de festa.
Muros ao norte, está escondida ao pé de monte Louro, e así se mostra na lámina, como protexendo todo o conxunto.
GALERÍA




