Pesca tradicional - Madó, Ita e Lola

                                       Lámina pesca tradicional Muros

 Sabías que os anos de mediados do século XX se coñecen en Muros coma “ Os anos das merluzas” ?

 Muros foi sempre un pobo pesqueiro, e na primeira metade do século XX desenvolvían con éxito un tipo de pesca característica dende embarcacións de vela e pescando con liña.

 PEDRO CAAMAÑO LAGO fálanos de todo isto no texto “Pesca tradicional en Muros e a súa evolución”.

 Nesta lámina presentamos deste tipo de pesca dous elementos significativos:
A Canoa Muradá: Embarcación tradicional de madeira, a vela e a remos, que evolucionou da buceta para adaptarse mellor ao noso mar.
 Os “chismes”, artes de pesca que se usaban para capturar diferentes especies de peixe, que estaban feitos de fío bramante e anzois principalmente.

 Pensas que este tipo de pesca sería sostible?
 Anímate a falar cos nosos maiores. Eles son auténticos SABIOS DO MAR.  


  GALERÍA