Modernismo Muradano- Merce e Mary Lestón



                                         




  Dende que coñecín este movemento artístico quedei namorada del. Da arquitectura, decoración, deseño… As súas liñas sinuosas en movemento, espacios curvos e pechados, as súas cores brillantes e, as veces, o exceso máis espléndido, son unha das representacións máis fermosas da natureza. Por iso me desagradan as líneas rectas, os espazos limpos e baleiros… e brancos… moi brancos, o que me leva moitas veces a ser tachada de hortera.

 Pero supoño que todos temos unha determinada sensibilidade que é tocada por un determinado movemento artístico, sen importar a súa época. A miña correspóndese co Modernismo. E de todo isto naceu a miña lámina de linogravado.

 O modernismo utiliza como punto de partida a natureza, representada de maneira máis ou menos abstracta. Os motivos iconográficos preferidos son os tallos florales estilizados e serpenteantes. A decoración é vivaz pero equilibrada e basease sistematicamente na liña ondulada e asimétrica.

 A diferencia doutros lugares onde se traballaba con formigón armado, en Muros como noutros pobos galegos, segue traballándose con granito, o que limita os adornos, pero non a súa beleza.

 Trabállanse sobre todo, dinteis de portas e ventás, bases de balcóns e moitas veces, as partes superiores da fachada cercana ao tellado.
É impresionante o forxado de balcóns con motivos vexetais.

 Se Galicia carece de grandes obras representativas desta corrente artística, débese a que carecía dunha burguesía rica e poderosa que fose a súa mecenas.


  GALERÍA