A queimada galega- Lucía Senande
Ocorréuseme a idea de facer esta lámina porque me encanta o misticismo e a maxia que é tan común en Muros e en toda Galicia e como transformamos unha simple bebida nunha poción e unha festa nun ritual máxico.
Mouchos, coruxas, sapos e bruxas... Así comeza o conxuro que o bruxo debe pronunciar ó preparar esta coñecida bebida.
Elabórase principalmente con augardente, azucre, café e limón, algúns din que posúe poderes curativos e de protección.
O ritual da queimada polo xeral, sóese realizar en festas e reunións ó caer a noite, isto sumado ó misticismo do conxuro e ó aspecto máxico das chamas azuis dan a esta cerimonia unha aura mística.
CONXURO DA QUEIMADA
Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.; demos, trasnos e diaños, espíritos das nevoadas veigas.
Corvos, píntegas e meigas, feitizos das manciñeiras.
Pobres cañotas furadas, fogar dos vermes e alimañas.
Lume das Santas Compañas, mal de ollo, negros meigallos, cheiro dos mortos, tronos e raios.
Oubeo do can, pregón da morte, fuciño do sátiro e pé de coello.
Pecadora língua da mala muller casada cun home vello.
Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadáveres ardentes,
corpos mutilados dos indecentes,
peidos dos infernales cús,
muxido da mar embravecida.
Barriga inútil da muller solteira,
falar dos gatos que andan a xaneira,
guedella porca da cabra mal parida.
Con este fol levantarei as chamas deste lume que asemella ao do Inferno, e fuxiran as bruxas acabalo das súas escobas,
índose bañar na praia das areas gordas.
¡Oíde, oíde! os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse no augardente, quedando así purificadas.
E cando este brebaxe baixe polas nosas gorxas,
quedaremos libres dos males da nosa ialma e de todo embruxamento.
Forzas do ar, terra, mar e lume, a vós fago esta chamada: si é verdade que tendes máis poder que a humana xente, eiquí e agora, facede cos espíritos dos amigos que están fora, participen con nós desta queimada.
GALERÍA