Tortilla romana- Ita

Botar a vista atrás e recordar que na miña casa, dende que eu era ben cativa, realizabase o cociñado deste postre característico.
Estas lembranzas foron o motivo polo que quixen facer a lámina de algo tan típico na miña casa, e claro está, de Muros.
Dise que este postre chegou a Muros a través dun mariñeiro italiano que se hospedaba nunha pensión muradana; dito mariñeiro pasoulle a receita á dona da pensión. Claro está, o postre adaptouse e pasou a ser un postre típico e único de Muros, xa que a receta orixinal inspirou ó postre no que se converteu e que se sigue facendo a día de hoxe.
GALERÍA

