Marisqueo a pé- Loli

A inspiración para esta lámina naceu do sentimento persoal xa que sin virme herdado de familia, é ao que me dedico. A falta de información sobre este oficio levoume a crear esta obra en linogravado.
O marisqueo a pé é unha actividade cunha gran importancia social en Galicia xa que dela dependen os ingresos de preto de 4.000 persoas, na súa gran parte mulleres. É unha actividade moi importante en Galicia dende o punto de vista económico e cultural.
Trátase dunha actividade milenaria que se transmite de xeración en xeración, aínda que no meu caso non fose así. Esta arte moldeou a forma de vida dos habitantes das zonas costeiras galegas coma Muros.
Utilízanse técnicas tradicionais para a recolección do marisco. Esta non sempre é fácil xa que depende en gran medida das condicións meteorolóxicas, da marea, … e que require unha gran habilidade e paciencia por parte das mariscadoras.
Simboliza a estreita relación das galegas co mar e coa súa cultura. Unha tradición que seguirá perdurando no tempo e que seguirá sendo unha fonte de riqueza e orgullo para todas as habitantes da costa galega.
GALERÍA









