Taller artístico Ita
Obras
Os distintos espazos conteñen Arte das nosas artistas colaboradoras. Se pasades por algún dos nosos espazos podédesvos encontrar algunha das seguintes pezas.
Tricromía en lámina de auga
Colaboración entre dúas artistas locais, Amalia Costa e Alba Muros.
Conceptualizada para estar instalada na primeira planta de Casa Maruja, os tres cadros representan a desconstrucción da vista do mar dende as ventás existentes utilizado as 3 cores primarias.
Experimentación e cor.

Maruxiña
Maruxiña é un boneco de ALIVAVÁ. Cada un é único e ten unha longa vida detrás.
Esta comenza nunha fábrica de plásticos onde nacen como boias de pescadores que se utilizan para marcar redes ou nasas no mar ou de flotadores para outras artes de pesca.
Tras anos en barcos, almacens e sobre todo no océano, acaba algunha delas na praia, nun coído ou entre rochas da ribeira.
Desgraciadamente únese aí con grandes cantidades de plásticos e lixo que contamina xa tódalas costas do planeta.
ALIVAVÁ reutiliza partes destes residuos para poñer diante dos ollos de cada un, o que algúns saben e moitos non queren ver: Si contaminamos o mar estamos envelenándonos a nós mesmos e causando outras consecuencias xa ben presentes coma o cambio climático, enfermidades, perda de biovidersidade, ...
Así se transforma con creatividade e cariño, o que antes era parte do problema.

O mundo en Amarelo
Creada por Alba Muros baixo a temática do cambio climático e as súas repercusións na nosa saúde.
Arte e Activismo comparten que fan evidente o que non o é. O significado da cor amarela na obra connota advertencia dun perigo, pero ademáis ten outros significados como luz, optimismo e alegría, buscando unha actitude positiva e proactiva.
A mala xestión que estamos facendo dos recursos naturais conleva unha gran pérdida de biodiversidade no noso planeta que facilita que moitas enfermidades poidan pasar fácilmente dende os organismos máis pequenos aos seres humanos.
Como técnica utilizou o gravado sobre linóleo e a impresión manual pola súa facilidade para ser reproducido por calquera persoa, trasladando esa posibilidade de levar a mensaxe máis aló do propio cadro.
Estivo exposta en Madrid no MUMUAR Fest 2022 e como parte da exposición colectiva sobre Muller, Medioambiente e Biodiversidade ‘Water, Woods, Women’s l00’ 2022.
Actualmente está instalada no Taller Artístico ITA.

‘Muros en Amarelo: O Mar’
Primeira acción dunha serie que pretende evidenciar
elementos que son obviados ou esquecidos, e que precisan ser atendidos. Para
facer esa advertencia utilízase a cor amarela polas súas connotacións, non só
como sinalización dun perigo senón tamén polo seu matiz ledo e optimista.
Acción na fachada temporal de A Maceta, onde antigamente varaban os barcos, accedendo directamente dende a beira do mar ao soportal.
Búscase facer evidente unha das consecuencias máis coñecidas do Cambio Climático, a subida do nivel do mar. O que xa non é tan coñecido é que esa subida do nivel do mar ven producida, non só por o desxeo dos polos, senón por un quecemento da auga do mar que ademáis está a conlevar desastrosas consecuencias para os ecosistemas mariños que non son quen de adaptarse a esas novas temperaturas.