Taller artístico Ita
Artistas Colaboradoras
A continuación algunhas das atrevidas artistas que xa forman parte da Comunidade A Maceta. Grazas a todas pola vosa colaboración e continua participación.
Alba Muros
Bautizada recentemente como Artista Emerxente coa obra ‘O Mundo en Amarelo’ no MUMUAR Fest, foi o atrevemento a aceptar unha das oportunidades que se nos presentan, o primeiro paso a creer en min mesma coma Artista e no potencial da miña creatividade no ámbito da Arte.
Da miña deFormación como Arquitecta, manteño a inquedanza de expresar visualmente conceptos, xa sexa a través de imaxes ou de debuxos. Gústame experimentar con moitas técnicas artísticas. Ultimamente estou máis enfocada na fotografía e no gravado, aínda que, o que leva máis anos comigo, son os rotuladores de cores.
Outra pequena obsesión é a cor. Xogar cos seus significados e as súas relacións. Sendo arquitecta, non creo no negro. Unha vida chea de cor, é unha vida chea de significado e liberdade.
Amalia Costa
Amalia Costa é unha artista autodidacta, con grande paixón pola estética e o deseño dende a infancia.
O punto de inflexión foi tras un accidente de tráfico e unha convalecencia que a leva conectar coa súa vea artística, a plasmar imaxes exteriores como expresión dunha realidade interior.
As súas principais temáticas son: o mar, as láminas de agua, os fondos mariños, corais, ribeiras...
Evita os localismos e a figuración, o único límite da súa obra é o marco.
Da grande importancia á cor e ás texturas, a través deles xera e evoca sensacións e estados de ánimo. Para logralo rompe normas convencionais de uso de materiais e o seu tratamento. Deconstrúe para construir.
Alicia Vazquez
Alicia Vázquez Vázquez máis coñecida como ALIVAVÁ.
A súa maneira de pintar está inspirada nas formas e faunas que atopa na natureza, en como as ve e as sinte a través de longos paseos polas praias, coidos e acantilados.
Xunto con Sven, dan un carácter de concienciación medioambiental ás obras de ALIVAVÁ. Aproveitan as grandes cantidades de plástico e lixo mariño que atopan nas nosas praias, coidos e entre as rochas das riberias e que están a contaminar xa todos os lugares do noso Planeta.
“A transformación de basura en algo fermoso danos unha satisfacción enorme e á vez sirve para o traballo de Concienciación Medioambiental que estamos realizando.”
Beleza feita de desfeitos…. Como a propia vida….
Positividade de resposta.