Espazo de Coworking e Acción Cultural

Espazo Creativo

A Maceta

Crea, Colabora, Aprende e Disfruta

COMPARTIR

 Se buscas compartir espazo de traballo e formar parte dunha rede de colaboración de profesionais, este é o teu espazo.

Se estás interesado en alugar o espazo fora do horario de coworking para expoñer o teu proxecto ou organizar un evento cultural, contacta con nós.

 Se tes unha proposta de proxecto cultural, con impacto na nosa contorna, e buscas colaboración, queremos escoitarche.

A NOSA HISTORIA

 Antigamente utilizado como espazo para a salgazón da sardiña e almacén de aparellos de pesca, convírtese nun espazo de traballo que busca o desenvolvemento de proxectos colectivos.

 A Maceta como elemento soporte para a xerminación de diferentes sementes e proxectos de xeito orgánico.

 Un espazo para o diálogo, ao redor dunha mesa, inspirada nas embarcacións tradicionais que moraban antigamente no seu soportal.

 Espazo creativo, onde a Cultura é o vehículo de tranformación, de cambio. Elemento Integrador da Comunidade e vertebrador das accións que se leven a cabo dende o espazo.

 Unha Comunidade que colabore neste espazo dinamizador para a promoción da innovación social, medioambiental e cultural, dende o local, Muros, ao territorial, Galiza, a través da nosa creatividade.

HORARIO COWORKING

 Luns a Xoves de 9:00 a 18:00

Venres de 9:00 a 15:00

TARIFAS

BONO SEMENTE

120 /mes
  • Para os que creen neste proxecto e queren formar parte de él.
  • Acceso incluso fora do horario coworking, sempre respectando as actividades axendadas .
  • Coa túa propia chave.

BONO GRAN SOL

90 /mes
  • Para os que lles gusta traballar polas mañáns.
  • Acceso de 9:00 a 15:00 de luns a venres.

BONO REGADEIRA

200 /trimestre
  • Para os que lles gusta compartir pero non tódolos días.
  • Acceso ao coworking 20 días durante 3 meses

BONO PINCHEIRO

50 /mes
  • Para os que están de paso e lles gusta compartir espazo.
  • Acceso ao coworking durante unha semana.
Scroll al inicio