Espazo Creativo
A Maceta
Crea, Colabora, Aprende e Desfruta
COMPARTIR
Actualmente en construcción e con previsión de apertura na primavera 2023.
Antigamente utilizado como espazo para a salgazón da sardiña e almacén de aparellos de pesca, convírtese nun espazo de traballo que busca o desenvolvemento de proxectos colectivos.
A Maceta como elemento soporte para a xerminación de diferentes sementes e proxectos de xeito orgánico.
Un espazo para o diálogo, ao redor dunha mesa, inspirada nas embarcacións tradicionais que moraban antigamente no seu soportal.
Espazo creativo, onde a Cultura é o vehículo de transformación, de cambio. Elemento Integrador da Comunidade e vertebrador das accións que se leven a cabo dende o espazo.
Unha Comunidade que colabore neste espazo dinamizador para a promoción da innovación social, medioambiental e cultural, dende o local, Muros, ao territorial, Galiza, a través da nosa creatividade.

