Comunidade
Alba Fernández Arias,
fundadora da iniciativa

Volver á orixe.
De_formación Arquitecta, en 2020 decidín abandonar a City de Londres para volver ás miñas raíces, Muros. Volver á orixe para descubrir o meu destino.
A Maceta nace como resposta a inquedanzas e desexos, pero tamén como espazo para a comunidade. Un lugar onde crear vínculos, físicos e emocionais. Un espazo onde, entre todas, orixinemos novas realidades no noso ecosistema.
Un futuro.
Cremos nunha comunidade sustentable, capaz de crear e coidar(nos), conscientes do valor do noso territorio.
Os nosos principais valores son:
- O Amor. Coidar para Florecer.
- O Atrevemento. Facer dende a Liberdade.
- A Xenerosidade. Compatir dende a Humildade.
![]()
Unha conversa.
Ao redor da nosa mesa-xeiteira xurde a conversa, a diversidade e a diversión. A Maceta é tamén un lugar onde recuperamos a memoria histórica.
Inspirada nas embarcacións tradicionais que vogaban as ría galegas, a nosa mesa é o estandarte, a peza inicial dun proxecto comunal. Se queres formar parte deste espazo dun xeito moi singular, invitámoste a participar na campaña de crowdfunding para a construcción da mesa, a mesa de todas as persoas.
En breve estará activa a campaña, apúntate aquí é manterémoste informada.

